Xogos e retos en LSE
A intérprete de lingua de signos española (LSE), Alba, fíxonos chegar este vídeo para repasar o que moitos e moitas de vós xa practicáchedes en clase.
Dende aquí, propoñémosvos varios xogos e retos cos que poderedes practicar o vocabulario e frases do vídeo. Animádevos!
En primeiro lugar, para repasar o vocabulario do colexio en LSE, propoñémosvos un xogo de MEMORY.
(podedes imprimir estas TARXETAS ou debuxalas).
Outra proposta é a representación destas viñetas a modo de teatro en LSE. Atrevédesvos? Se queredes, podedes gravarvos e deixar o vídeo nunha mensaxe privada ou comentario.
No seguinte vídeo invítanos a repasar o abecedario, os saúdos e as presentacións, os días da semana e as cores.
Aquí vos deixamos alfabeto dactilolóxico para poder repasar.
Por último, un xogo que podedes facer en familia é o VEO-VEO pero en LSE. Por exemplo, unha persoa indica un color en LSE e os demais teñen que buscar pola casa o maior número de obxectos desa cor. Outra opción pode ser comprobar quen é a persoa máis rápida en tocar un obxecto desa cor.
Esperemos que disfrutedes e lle ensinedes ás vosas familias o moito que sabedes en LSE!
Comentarios
Publicar un comentario