Non desfalezcamos!



Sabemos que son xa moitos os días que levamos na casa. Comezamos sabendo o importante que é seguir rutinas, pero é normal que co paso do tempo vaiamos relaxándonos, deixándonos levar polos cambios nos horarios...

Mais non debemos despistarnos, levar unha serie de rutinas axudarános a estar máis animados e animadas, facer cousas que nos fan sentir ben, conseguir levar ao día o traballo do cole, en resumo, estar máis felices a pesares de levar tanto tempo sen facer moitas das cousas que nos gustan e sen ver a moitas das nosas amizades e familia. 


ÁNIMO!

Comentarios

Publicacións populares