O bingo dos nomes

Aquí vos deixamos unha proposta que pode ser moi divertida para xogala en familia.


Trátase dun bingo de palabras. Unha boa opción pode ser usar os nomes da familia ou das compañeiras e dos compañeiros de clase. Se ademais tedes opción a poñer unha foto enriba do nome de cada persoa sería xenial, se non fai un debuxo, só se precisa papel e boli!

O primeiro que tedes que facer son as tarxetas, imprimide ou copiade estas segundo o nivel que se desexe:

Nivel inicial: editable ou PDF.

Nivel medio: editable ou PDF.

Nivel avanzado: editable ou PDF.

O segundo será facer un listado dos nomes (con ou sen foto ou debuxo asociado), recortalos un a un e metelos nunha bolsiña ou caixa.

O terceiro consiste en POÑERSE A XOGAR! Cada persoa conta cunha tarxeta e unha man inocente irá retirando nomes desa bolsa ou caixa. Quen primeiro complete a súa tarxeta: BINGO!!

Por suposto, este xogo pódese varias con todo o que se vos ocurra: facelo con letras maiúsculas ou minúsculas, sobre nomes de animais, de obxectos, sen apoio das imaxes... Se tes máis propostas como estas ou queres compartir a túa versión, podes deixalo nos comentarios, as profes estaremos encantadas de lervos.


Comentarios

Publicacións populares